domingo, 22 de novembro de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS


O equipo de biblioteca leva un tempo traballando na preparación das mochilas viaxeiras, que esta semana emprenderon a súa viaxe polas casas e rúas de Aguiño, agardamos que gocedes con elas cando cheguen ás vosas casas.

Este ano ademáis de diferentes fondos pensados para todos os membros da familia: información, música, cómic, contos, manualidades,... tamén contén dous exemplares da revista "Ollos de aula", elaborada pola coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística (na columna esquerda no apartado "enlaces de interese" podedes consultar todos os números que levan publicados). 

Outro dos contidos da mochila é o caderno de apuntamentos, no que como sempre nos podedes facer chegar os comentarios que consideredes: pertinencia do contido, se o tempo foi suficiente, que foi o que máis vos gustou, se botades en falta algo,... E finalmente, este ano incluímos como novidade o Caderno de vivencias, no que as familias podedes recoller por escrito as vivencias que tivo ou está a ter algún familiar, veciño,... como emigrante, xa que a emigración é o tema deste ano do noso proxecto.

Dende o equipo de biblioteca agradecemos a implicación e colaboración de toda a comunidade educativa nesta actividade.

Ningún comentario: