xoves, 27 de outubro de 2011

24 de OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



Para celebrar o DÍA DA BIBLIOTECA, un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor galego. Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic, interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión das bibliotecas escolares, como lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe, ... e nos que podemos atopar milleiros de oportunidades para soñar e imaxinar, ...


Aproveitando esta data, na biblioteca Canistrel de Celanova, estrearon un vídeo-conto sobre os Bolechas, feito polo Equipo de Biblioteca. Dende aquí noraboa e grazas por compartir o voso traballo con outras bibliotecas.