mércores, 27 de abril de 2011

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Coincidindo coa celebración do día do libro no Ceip de Aguiño aproveitamos para inaugurar a nosa nova biblioteca.
Contamos coa presenza da nosa mascota a Rata Honorata e o seu amigo o frautista Bautista que fixeron as delicias dos máis pequenos coas súas historias.

Tamén quixo estar neste día tan especial o escritor aguiñense Unai González que nos animou a gozar deste novo espazo e nos agasallou con exemplares das súas obras para a nosa biblioteca.

Ao rematar este acto a ANPA convidounos a un petisco.

Dende aquí damos as grazas a todos e todas os que participaron neste día tan especial.