mércores, 29 de abril de 2015

O ESPANTALLO AMIGO

Os nenos e nenas de 3º e 4º de educación primaria asistiron, o 22 de abril ao Auditorio Municipal de Ribeira,  á reprensentación teatral do Espantallo Amigo representada polos Quinquilláns.
Antes de ir os nenos e nenas traballaron a obra de Neira Vilas na aula, e ata fixeron un espantallo!!!!
Compartimos con todos vós unhas imaxes:








luns, 20 de abril de 2015

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO

 O mes de abril é un mes importante para todas as bibliotecas e a nosa non ía a ser menos, por iso estamos organizando o "Apadriñamento e amadriñamento lector",  que como xa sabedes de cursos anteriores, consiste en que os nenos e nenas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación primaria, lle len contos anos nenos e nenas de educación infantil e de 1º de educación primaria, no lugar do colexio que eles escollan.

Aproveitando esta celebración queremos compartir con vós o marcapaxinas que editou este ano a Xunta de Galicia e que acolle o texto da escritora María Solar: O libro que tes ao lado, que as titorías que o desexen poderán ler durante a hora de ler.

Premede no marcapaxinas .

REVISTA CRIATURAS

Nova revista xuvenil en galego ... pero dixital.

A revista Criaturas é unha publicación dixital dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. 
Aquí vos deixamos o número cero:

Na marxe esquerda deixamos un enlace para que poidades acceder a vindeiros números.

venres, 10 de abril de 2015

27 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

O pasado día 27 de marzo, visitou o noso centro a compañía de teatro "Entreliñas" para facer con todo o alumnado de primaria una función de teatro improvisado, na que os nenos e nenas foron aportando as ideas para desenvolver a trama.

 

mércores, 11 de marzo de 2015

EU SON ROSALÍA

Aquí vos deixamos o traballo feito polo alumnado de 3º de Educación Primaria sobre Rosalía de Castro

domingo, 8 de marzo de 2015

8 de MARZO: DÍA DA MULLER


LEANDRO LAMAS

Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

É festa recoñecida nalgúns países, e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro organizan manifestacións, para facer ver as súas reinvindicacións, mellorar as condicións da muller, festexar polos avances e loitar pola superación dos atrancos.

  • Tamén queremos compartir o "Libro dos Porcos" de Anthony Browne publicado por Kalandraka, que nesta ocasión a biblioteca do Mestres Goldar se encargou de dixitalizar.

  • Compartimos tamén a canción que o mestre de música compuxo e traballou con todos os nenos/as do cole: Agullas, coa queremos facer unha homenaxe a todas as mulleres en xeral e as costureiras de mar e terra en particular, dada a súa alta presenza no pobo de Aguiño.

AGULLAS: COSTUREIRAS DE MAR, COSTUREIRAS DE TERRA


COSO QUE COSO, COSO SEN PARAR (AGULLAS)
REDES E TEAS TEÑO QUE ARRANXAR (AGULLAS)
ENFÍO A AGULLA ENFÍOA SEN MIRAR (AGULLAS)
A MIÑA FAMILIA PRECISA DA MIÑA MAN (AGULLAS)



COSTUREIRAS DE MAR, COSTUREIRAS DE TERRA

sábado, 7 de marzo de 2015

DÍA DE ROSALÍA + DÍA DA POESÍA

Ao longo do mes de marzo imos a desenvolver diferentes actividades coas que prentendemos fusionar o Día de Rosalía de Catro e o Día da poesía.

-Na entrada montouse unha exposición sobre "mulleres lendo" e "mulleres escribindo".
        
   

 

 

-Cada aula traballará un poema de Rosalía e fará unha ilustración sobre o mesmo para colocala nun marco de fotos.

-Seguindo unha proposta da coordinadora galega de Equipos de Normalización faranse  gravacións para participar na campaña de “Presume do galego”: http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego

-“Agasalla un poema en galego”: O venres 20 de  Marzo cada neno/a levará un poema para a súa casa para que llo regale a quen desexe. 

-Pódese visitar a páxina de Son de Poetas: http://sondepoetas.blogspot.com.es/, para escoitar poemas musicados.

xoves, 26 de febreiro de 2015

CLUBE DE LECTURA

Despois de varias sesións de reunións, o clube de lectura de "Terror en Winnipeg" chegou ao seu fin.
Aquí vos deixamos unas imaxes, parece que os nenos/as desfrutaron desta lectura !!!!

 
 
 

 
 
 

venres, 20 de febreiro de 2015

NA BIBLIO XA SE RESPIRA TEATRO!!!!



24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

“Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos”



A data do 24 de febreiro é o DÍA DE ROSALÍA, xa que se conmemora o nacemento da poeta. A continuación deixamos algúns recursos atopados pola rede cos que se pode coñecer un pouco máis da súa vida e obra.