Aquí vos deixamos o traballo feito polo alumnado de 3º de Educación Primaria sobre Rosalía de Castro
mércores, 11 de marzo de 2015
domingo, 8 de marzo de 2015
8 de MARZO: DÍA DA MULLER
LEANDRO LAMAS
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
É festa recoñecida nalgúns países, e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro organizan manifestacións, para facer ver as súas reinvindicacións, mellorar as condicións da muller, festexar polos avances e loitar pola superación dos atrancos.
- Parécenos interesante compartir o artigo publicado no "HUFFINGTON POST" escrito por Gloria Rodríguez-Pina: 8 de marzo: 29 razones por las que el Día Internacional de la Mujer sigue siendo necesario.
- Tamén queremos compartir o "Libro dos Porcos" de Anthony Browne publicado por Kalandraka, que nesta ocasión a biblioteca do Mestres Goldar se encargou de dixitalizar.
- Compartimos tamén a canción que o mestre de música compuxo e traballou con todos os nenos/as do cole: Agullas, coa queremos facer unha homenaxe a todas as mulleres en xeral e as costureiras de mar e terra en particular, dada a súa alta presenza no pobo de Aguiño.
AGULLAS: COSTUREIRAS DE MAR, COSTUREIRAS DE TERRA
COSO QUE COSO, COSO SEN PARAR (AGULLAS)
REDES E TEAS TEÑO QUE ARRANXAR (AGULLAS)
ENFÍO A AGULLA ENFÍOA SEN MIRAR (AGULLAS)
A MIÑA FAMILIA PRECISA DA MIÑA MAN (AGULLAS)
COSTUREIRAS DE MAR, COSTUREIRAS DE TERRA
sábado, 7 de marzo de 2015
DÍA DE ROSALÍA + DÍA DA POESÍA
Ao longo do mes de marzo imos a desenvolver diferentes actividades coas que prentendemos fusionar o Día de Rosalía de Catro e o Día da poesía.
-Na entrada montouse unha exposición sobre "mulleres lendo" e "mulleres escribindo".
-Cada aula traballará un poema de Rosalía e fará unha ilustración sobre o mesmo para colocala nun marco de fotos.
-Seguindo unha proposta da coordinadora galega de Equipos de Normalización faranse gravacións para participar na campaña de “Presume do galego”: http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego
-“Agasalla un poema en galego”: O venres 20 de Marzo cada neno/a levará un poema para a súa casa para que llo regale a quen desexe.
-Pódese visitar a páxina de Son de Poetas: http://sondepoetas.blogspot.com.es/, para escoitar poemas musicados.
xoves, 26 de febreiro de 2015
CLUBE DE LECTURA
Despois de varias sesións de reunións, o clube de lectura de "Terror en Winnipeg" chegou ao seu fin.
Aquí vos deixamos unas imaxes, parece que os nenos/as desfrutaron desta lectura !!!!
Aquí vos deixamos unas imaxes, parece que os nenos/as desfrutaron desta lectura !!!!
venres, 20 de febreiro de 2015
24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
“Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos”
A data do 24 de febreiro é o DÍA DE ROSALÍA, xa que se conmemora o nacemento da poeta. A continuación deixamos algúns recursos atopados pola rede cos que se pode coñecer un pouco máis da súa vida e obra.
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos”
A data do 24 de febreiro é o DÍA DE ROSALÍA, xa que se conmemora o nacemento da poeta. A continuación deixamos algúns recursos atopados pola rede cos que se pode coñecer un pouco máis da súa vida e obra.
21 DE FEBREIRO: DÍA DA LINGUA MATERNA
O Día Internacional da Lingua Materna, foi proclamado pola UNESCO o 21 de febreiro de 2000, e celébrase na mesma data cada ano nos Estados membros e na sede da organización para promover a diversidade lingüística e cultural así coma o plurinlingüismo.
Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Secretaría Xeral de Política Lingüística.
luns, 16 de febreiro de 2015
TEMPO DE ENTROIDO
Como xa sabedes o teatro é o tema do proxecto de biblioteca deste curso e por iso decidimos que o mellor xeito de celebrar o entroido era disfrazándonos de mimos.
Para que quedase un recordo, decidiuse en colaboración có equipo de dinamización da lingua galega, facer un photocall polo que pasaron todas as aulas. Aquí vos deixamos unhas fotos de todos os nosos mimos. A verdade é que estaban todos ben guapos e guapas!!!!!
SEXTO
QUINTO A
QUINTO B
CUARTO
TERCEIRO
SEGUNDO
PRIMEIRO
5 ANOS A
5 ANOS B
4 ANOS
3 ANOS
TODOS OS MESTRES/AS
E despois dos "posados" bailamos e cantamos a canción que preparou o mestre de música.
xoves, 5 de febreiro de 2015
DÍA DA PAZ + DÍA DA CANDELORIA
Este ano celebramos estas conmemoracións nun mesmo día e acompanados por mestras de Lleida e Valencia que estaban visitando o centro, xa que temos un proxecto conxunto chamdo Trenzas.
Reunímonos todos no ximnasio, onde cantamos e bailamos a canción que o mestre de música, Daniel, preparou con todos os nenos e nenas:
-Debuxa un corazón
-A continuación fixemos unha solta de globos. Moitas grazas as mamás da ANPA por inflalos e poñerlle as cordas.
Reunímonos todos no ximnasio, onde cantamos e bailamos a canción que o mestre de música, Daniel, preparou con todos os nenos e nenas:
-Debuxa un corazón
-A continuación fixemos unha solta de globos. Moitas grazas as mamás da ANPA por inflalos e poñerlle as cordas.
martes, 3 de febreiro de 2015
ESTE ENTROIDO O COLE ENCHERASE DE ....
MIMOS
Como xa sabedes o proxecto desde curso da biblioteca e o teatro, e por iso decidimos este disfraz que está moi ligado ao teatro.
Aquí vos deixamos uns enlaces que vos poder ser de utilidade para a súa elaboración, maquillaxe, xestos, movementos,...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

























