sábado, 31 de marzo de 2012

2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) propoñen este ano a posta en marcha de actividades de bookcrossing, que consiste en deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores, que despois farán o mesmo.

O manifesto pola lectura deste ano, escrito polo poeta, dramaturgo, narrador, editor e ensaísta mexicano Francisco Hinojosa baixo o título Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro, será lido o 2 de abril en bibliotecas de todo o mundo.

Preme AQUÍ e poderás ler o manifesto en diferentes linguas.




COMMEMORACIÓNS


21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Para commemorar ambos días o equipo de dinamización da lingua galega, no "recuncho da lingua" da biblioteca fixo unha selección de libros de poesía galega.
Aquí vos amosamos algúns:

domingo, 11 de marzo de 2012

QUE SERÁ SERÁ ... ?

Esta semana no recanto da lingua da biblioteca podemos atopar esta adiviña, eres quen de resolvela?
Podedes deixar a vosa solución na biblioteca ou no blogue a través dun comentario.
Agardamos impacientes as vosas respostas.

xoves, 8 de marzo de 2012

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Aproveitando a celebración o 8 de marzo o día da muller, achegámosvos unhas actividades LIM elaboradas por unha mestra do noso centro, dirixidas ao 3º ciclo e na que podemos coñecer algunhas mulleres científicas e os seus descubrimentos e sobre Clara Campoamor e o seu papel na loita polos dereitos das mulleres.


Preme AQUÍ


Preme AQUÍ

venres, 10 de febreiro de 2012

BIBLIOXOGOS DA PAZ

O equipo de biblioteca do CEIP de Aguiño, presentámosvos os nosos biblioxogos da paz, un para educación infantil e outro para educación primaria.
Agardamos que vos gusten e sirvan para traballar durante todo o ano, porque a paz non é cousa dun día.




domingo, 5 de febreiro de 2012

O RECANTO DA LINGUA


Este curso temos un novo espazo na nosa biblioteca, O RECANTO DA LINGUA, co que colaboramos co equipo de normalización e dinamización da lingua galega. Durante este mes está centrado na CANDELORIA.




Estas son algunhas das lecturas con moito amor que tedes a vosa disposición na biblioteca do cole.
Agardamos a vosa visita.







domingo, 29 de xaneiro de 2012

JONTUX VISITA O CENTRO

Con motivo da participación do noso cole no proxecto ARCE, visitou o cole Jontxu Argibay, un artista do noso concello. Falounos da súa vida e traxectoria profesional, e tróuxonos unha das súas esculturas, O Gandul.

A PAZ NON TEN LINGUA

O equipo de biblioteca elaboramos este boletín con lecturas relacionadas coa paz, coeducación,... e tamén con algúns enderezos web que poden ser interesantes.

Agardamos que vos guste a selección.




luns, 23 de xaneiro de 2012

BOLETÍN CON RECURSOS

O equipo de biblioteca, elaboramos esta recompilación de recursos para traballar a educación para a paz.