venres, 14 de abril de 2023

RURALITÉ: "POETIZAR O POBO, POETIZAR A VIDA"

 No contexto Covid naceu o proxecto "Ruralité", onde as portas da escola abríronse en toda a súa plenitude e amplitude, buscando o ceo como teito e area, terra e herbas como chan. Foron numerosas as intervencións que fixemos por toda a parroquia duranrte dous cursos: en leiras de familias, camiños, montes, praias, espazos de cartelería do Concello,campañas de concienciación medioambiental, exposicións de creacións feitas na escola na parroquia, exposicións monográficas... Hoxe en día, podemos dicir que Ruralité" xa é un proxecto que forma parte do ADN da nosa escola, cunha proxección plurianual. As lecturas ao aire libre taménestiveron presentes.

RURALITÉ 

Exposición de fotografía realizada na Editorial.

Carteis medio ambiente. 

 

Exemplos de imaxes de instalacións artísticas, performances...






 







      Un exemplo de intervención dentro de "Ruralité" deste curso é "Poetizar o pobo". A Comunidade de Maiores, no primeiro e segundo trimestre, fixemos varios roteiros pola parroquia e localizamos puntos que nos gustaría poetizar. Lanzadeiras de esporas poéticas. En pequenos grupos buscamos en distintos libros de poesía e na rede poemas, versos, pensamentos...que consideramos que se poden aliar co vento e poetizar a nosa parroquia.

    En Tesselas (Identidade artística) preparamos os carteis en madeira. Este trimestre colocarémolos, pasando  a formar parte da paisaxe do noso entorno máis próximo.

 













mércores, 12 de abril de 2023

SABELA EIRIZ: ARTISTA HABITANTE. BENVIDA AO CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA!

     Inaguramos o terceiro trimestre cunha  nova chea de enerxía artística.Vitalidade que nos lembra que as escolas poden ser espazos de transformación e de necesarias revolucións de base.

      Durante todo o mes de Abril estará con nós, Sabela Eiriz, ARTISTA HABITANTE, dentro do proxecto "Escola Aberta". Sabela é unha artista multidisciplinar cun gran potencial investigador, creativo e epidérmico, en diversas linguaxes expresivas polas que aposta o noso Proxecto Educativo.

     Este proxecto está coordinado coa nosa escola polo profesor da  Universidade da Coruña a través do Departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Chema Mesías Lema.  Esta investigación enmárcase dentro do proxecto “ Os dereitos da infancia, adolescencia e xuventude: habitando  proxectos activistas con estudiantes, docentes e artistas contemporáneos/as” dentro do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica de Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Pouco a pouco iremos facéndovos partícipes do moldamento deste proxecto soñado, deste proxecto habitado,deste proxecto que é un agasallo para toda a comundidade educativa.

Moitas grazas Chema Mesías por pensar no Ceip Heroínas de Sálvora como escenario para cohabitar artisticamente a  nosa escola, e por extensión a vida e a infancia.

BENVIDA SABELA EIRIZ! ESTA É A TÚA CASA!

 


 











RECOMENDACIÓN LECTORA PARA FAMILIAS. LECTURA DE LECER: GOLPES DE LUZ DE LEDICIA COSTAS.

 O trimestre pasado a nosa recomendación de lectura de lecer para as familias, foi a obra  de Antía Yáñez" Non penses nun elefante rosa". Este trimestre recomendamos "Golpes de luz"doutra escritora galega. Ledicia Costas. Unha obra a tres voces, con tres miradas xeracionais, con viaxes ao pasado para enteder o presente e poder debuxar un futuro. O papel da muller a través de distintas faces: traballadora, coidadora...está presente tecendo unha historia de historias de vida.



TIÉBÉLÉ: PUNTO HEROÍNAS DO AMBIENTE DE CONSTRUCIÓNS. ESCULTURAS AFRICANAS.

 Este trimestre seguimos investigando dentro do proxecto "Tiébélé: mulleres esdrúxulas", buscando ofrecer distintas mulleres referentes nos diversos ámbitos do coñemento. En Construcións,o Punto Heroínas, a través da figura de Nora (personaxe feminista "Casa de bonecas" de Ibsen) e as súas viaxes, ofrecemos unha viaxe por África a través de libros de información, mapas, revistas sobre cultura africana, bibliografía sobre arte e diversidade,...Moitas grazas a Javi, pai de Dani Mariño, que nos aportou esculturas africanas para enriquecer esta investigación Tiébélé.


 











 


1 DE ABRIL. DÍA DAS ARTES GALEGAS 2023. MARTÍN CÓDAX.

 O  1 de Abril, celebrouse o Día das Artes Galegas. O autor homenaxeado foi Martín Códax. A fonoteca da nosa biblioteca está adicada a Martín Códax e a María Balteira. Nesta fonoteca podemos atopar guiños a distintas artistas: Guadi Galego, Rosa Cedron...poñendo o acento na perspectiva de xénero.











BIBLIOTECA DE SEREAS (IDENTIDADE DE MÚSICA E DANZA) E BIBLIOTECA DE TESSELAS (IDENTIDADE ARTÍSTICA DA COMUNIDADE DE MAIORES)

 

 AMBIENTE DE SEREAS. Nesta biblioteca podemos atopar libros sobre instrumentos musicais, monográficos de músicos/as, libros de cancións ilustrados,  contos sobre temas musicais...as notas musicais bialan polo ambiente cada vez que abrimos as páxinas dun deles.




 

AMBIENTE DE TESSELAS.Neste ambiente podemos atopar na biblioteca libros de historia da arte, sobre distintas técnicas, monográficos de artistas, biografías ilustradas, album ilustrado...e información visual de obras de arte, imaxes de diversa natureza...