domingo, 11 de febreiro de 2018

11 de Febreiro: Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia.

Gitanjali Rao, a nena de 11 anos nomeada como a mellor científica nova de Estados Unidos por un invento que pode salvar vidas.

 


PREME NA IMAXE

luns, 5 de febreiro de 2018

TEMPO DE ENTROIDO

Como ben sabedes, levamos varios anos disfrazándonos tendo en conta o proxecto da biblioteca.

Este curso como o tema escollido é a Ciencia, decidimos disfrazarnos de mulleres científicas e o seu ámbito de estudo, xa que este é o noso xeito de visibilizar o traballo de moitas científicas ao longo da historia, e así poñemos en valor os seus coñecementos e repercusión no progreso e evolución da sociedade.

Nas titorías estase traballando coa científica escollida, o que non só nos permite ter máis coñecementos, senón que nos permite coñecela mellor e axudaramos a elaborar o disfrace. Estamos seguros que van a saír ideas moi creativas á hora de facelos. Xa vos amosaremos imaxes.

CELEBRAMOS A CANDELORIA

Este ano celebramos a Candeloria organizando na biblioteca un recital do poema de Antonio García Teijeiro:

Non nacín para perderte
nin nacín para roubarte.
Eu nacín para quererte.
Eu nacín para acougarte.

Non nacín para perderte
nin nacín para amolarte.
Eu nacín para tecerte.
Eu nacín para bordarte.

Non nacín para perderte
nin nacín para turbarte.
Eu nacín para acollerte.
Eu nacín para soñarte.


Primeiro foi recitado polos nenos e nenas dos distintos cursos de primaria con música de piano a cargo de Iago de 5º.




E despois Lúa de 6º interpretounos o poema musicalizado por Manuel, o noso mestre de música.



Moitas grazas a todo polo voso esforzo e traballo!!!!

CIENTÍFICA DA SEMANA

5 - 9 de Febreiro


PREME NA IMAXE

O BARRIO E AQUELAR.

Pouco a pouco, o noso Barrio e Aquelar vai medrando, ofrecendo a oportunidade de vivir  as  distintas competencias nun escenario con grandes semellanzas aos contextos reais da vida cotiá. 

Cada día temos máis colaboracións de comercios locais, institucións, familias…que nos traen infinidade de recursos que dotan de realismo estes ambientes. Os materiais que non os atopamos en galego, estámolos deseñando nós, con obradoiros de cartelería para a sinalización, obradoiros de carteis de ofertas e publicidade, deseño de listas de produtos para facer as compras, menús para o café-teatro… 

Está resultando ser unha experiencia moi enriquecedora onde está implicada toda a comunidade educativa a través das distintas modalidades de “Escola Aberta” (familias colaboradoras, expertas, comisións,…)

AMBIENTE AQUELAR by Slidely Photo Gallery

domingo, 4 de febreiro de 2018

luns, 29 de xaneiro de 2018

11 de FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.



PREMER NA IMAXE

CIENTÍFICA DA SEMANA

29 de Xaneiro - 2 de Febreiro


PREME NA IMAXE

venres, 26 de xaneiro de 2018

2 de FEBREIRO: DÍA DA CANDELORIA


A imaxe escollida é de Klimt e acompaña a un poema de Antonio García Teijeiro e con ambos queremos celebrar o "Día do amor en Galicia".

O poemoa foi elixido porque pode vincular o tema do amor e a violencia de xénero: Por unha banda dende a voz e o sentir da muller que non ten porque aguantar ningún tipo de maltrato no nome do amor mal entendido (control,sumisión...), e por outra banda, dende a voz e o sentir do home que ten o peso educacional dende que nace de que pode facer o que desexe  seguindo a estela da concepción machista do amor. Este poema o podería recitar o "eu" dun neno recén nacido que non quere vivir para facer dano, senón para amar.

Agardamos que sexa do voso agrado.

LÚAS: RECURSOS