martes, 30 de xuño de 2015

Despedimos o curso 2014/15 con imaxes da  "I Mostra do Teatro", agora é tempo de descanso e de coller folgos para os vindeiros proxectos.

Dende o Recanto de Honorata, queremos agradecer a colaboración, esforzos e axuda de toda a comunidade educativa: familias, nenos e mestres.

Vémonos en setembro!!!

























domingo, 14 de xuño de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

E para rematar o curso, o equipo de biblioteca elaborou esta recompilación de atractivas lecturas para gozar do teu tempo de lecer no verán. Agardamos que sexan do voso agrado.




MOSTRA DE TEATRO


Para rematar o proxecto sobre o teatro co que o equipo de biblioteca enrrolou a todo o profesorado e alumnado, imos a celebrar nesta última semana unha mostra de teatro tanto para alumnado como para as súas respectivas familias.

As obras que se van a representar son:

3 anos: O mostro de cores.
4 anos: Consulta da doutora mundo.
5 anos A: Ranilda.
5 anos B: O casamento da pulga e o piollo.
1º: Coida a lingua.
2º: O parque enfermo.
3º: O cambio climático.
5ºA: O campamento das bromas. Atraco no circo.
5ºB: O caco.
6º: Por catro esquiniñas de nada.

venres, 29 de maio de 2015

INVESTIGAMOS...

Durante o terceiro trimestre a biblioteca recibiu, polas tardes, a visita de todos os nenos e nenas de sexto que en divididos en 3 grupos estiveron investigando, coa axuda de distintos mestres, sobre a diversidade funcional centrándose nos ámbitos: motórico, visual e auditivo.
Unha vez tiveron a información precisa fixeron unhas presentacións e unhas obras de arte interactivas para explicarlle a todos os nenos do cole, na I Semana da Diversidade e Orientación.
Dende o Recanto de Honorata, moitos parabéns aos investigadores e investigadoras polo traballo feito!!!!
Aquí vos deixamos unha fotos:

biblioteca de aguinho de Slidely by Slidely Slideshow

EXPOSICIÓN

Na biblioteca atópanse expostos os materiais sobre o San Jordi e o seu proxecto da Idade Media,  que recibimos do colexio de Lleida.





TRENZAS


É un proxecto, no que as diferentes manifestacións artísticas están moi presentes: escultura, graffiti, teatro, pintura,..., que desenvolvemos ao longo de todo o curso cun colexio de Lleida e outro de Valencia.

Algunhas das dinámicas, exposicións,... desenvolvéronse na biblioteca e noutras participou o equipo de biblioteca. Premendo nas imaxes e coñecerás algunhas delas:




FAMILIAS CONTACONTOS!!!

Con motivo da celebración do día do libro, o 23 de abril, algunhas titorías decidiron convidar ás familias para que viñesen ao colexio a contarlle un conto,... aos seus fillos e compañeiros.
Foron moitas as familias que durante o mes de maio se animaron, dende o Recanto de Honorata agradecemos a súa participación e agardamos que gozasen da experiencia.

Aínda que viñeron moitas, aquí vos deixamos unha pequena mostra:







domingo, 17 de maio de 2015

17 de MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.


Esta celebración foi instuída en 1963 pola Real Academia Galega, que se encarga de de escoller cada ano un persoeiro,  para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego oun pola súa defensa. 
A data de celebración, o 17 de maio, débese a que tal día como ese en 1863, publicouse en Vigo, o primeiro exemplar da obra Cantares galegos de Rosalía de Castro, que marcaría o renacemento do Rexurdimento cultural galego.

venres, 8 de maio de 2015

COMO FIARTE DUNHA PÁXINA WEB?

No blog da biblioteca do Ceip Sofía Casanova, atopamos este recurso que nos  ensina a aprender a valorar os contidos das páxinas webs, xa que non toda a información que atopamos é de fiar...

Dende o Recuncho de Honorata, parabéns polo traballo feito e grazas por compartilo.

sábado, 2 de maio de 2015

APADRIÑAMENTO E AMADRIÑAMENTO LECTOR

O día 23 de abril, como en cursos anteriores, celebrámolo co apadriñamento e amadriñamento lector no que os nenos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria lle contaban un conto aos nenos de infantil e 1º de primaria, no lugar do centro que lles gustase.

Aquí vos deixamos unhas fermosas imaxes do día: