Este é o cartel que edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro). Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar ( Manuel Mariño, Miguelanxo Prado, Marina Seoane, Emma Ríos).
mércores, 19 de setembro de 2012
xoves, 21 de xuño de 2012
LER NON É CLANDESTINO
O IES Chano Piñeiro presenta ...
Dende o Recuncho de Honorata os nosos parabéns.
mércores, 13 de xuño de 2012
XOSÉ NEIRA VILAS
O escritor Xosé Neira Vilas, achegouse onte a Ribeira, para a inauguración da exposición Querido Balbino, 1961-2011, coa que se conmemora o medio século da súa publicación de Memorias dun neno labrego.
Neira Vilas asinou un bo número de exemplares, entre os que se atopaban algúns da nosa biblioteca, momento que quixemos retratar e que nos comprace compartir con todos vós.
mércores, 30 de maio de 2012
AGRADECEMENTO BUBISHER
A asociación Escritores polo Sahara - Bubisher, agradece con esta carta a nosa colaboración no seu proxecto.
mércores, 16 de maio de 2012
UN POUCO DE MÚSICA
Rapaces e rapazas do CEIP de Barrantes de Tomiño (Pontevedra) gravaron unha biografía cantada de Valentín Paz-Andrade. O título da canción, “Oitenta e nove mil primaveras”, é unha homenaxe implícita aos 89 anos de vida do autor homenaxeado e tamén ao epitafio de Cunqueiro.
Os nosos parabéns.
Oitenta e nove mil primaveras(para Paz Andrade)
Os nosos parabéns.
Oitenta e nove mil primaveras(para Paz Andrade)
domingo, 13 de maio de 2012
ENLACES DE INTERESE - LETRAS GALEGAS 2012
- VIDEO DA TVG
http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/valentin-paz-andrade/dia-das-letras-galegas-2012-homenaxe-a-paz-andrade-en-eirado-2#.T6_Ukut1C4p
- SEMINARIO GALÁN: actividades, fotos, bibliografía.
- COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: materiais didácticos, para saber máis, bibliografía, videoteca, fonoteca, actividades nos centros,...
http://www.coordinadoraendl.org/letras2012/index.html
VALENTÍN PAZ ANDRADE - LETRAS GALEGAS 2012
Avogado, xornalista, poeta, home de empresa e persoa vencellada á política galeguista, personalidade multifacética, Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1899 - Vigo 1987) fixo de Galicia a súa tarefa.
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1921) e participou na creación en Vigo do xornal Galicia (1922), do que foi director.
En Vigo exerce a avogacía, facéndose cargo do asesoramento da Sociedade de Armadores de Bouzas (1927) e colaborando nas revista Indutrias Pesqueras. Durante a Segundo República participa nas iniciativas galeguistas, sendo un dos catro membros do Seminario de Estudos Galegos que en 1931 redactou o anteproxecto de Estatuto de Galiza. Tras o alzamento militar foi desterrado a Verín, onde comenzou a escribir poemas en galego. Foi un dos fundadores de Pescanova (1960) e da Feira Mundial da Pesca de Vigo (1973).
Paz Andrade foi nomeado membro da Real Academia Galega e senador pola provincia de Pontevedra como independente da Candidatura Democrática Galega.

Máis información sobre Valentín Paz Andrade no seguinte enderezo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)