xoves, 23 de marzo de 2023

ANDREA MACEIRAS, AUTORA DO LIBRO DO CLUBE DE LECTURA "A FOLLA AZUL".

 Hoxe recibimos na nosa biblioteca a Andrea Maceiras, a autora do libro "A folla azul" que estamos lendo no clube de lectura "Medio pan". Foi unha experiencia xenial poder coñecela en persoa e sentir de preto como é o seu proceso de creación, as súas fontes de inspiración...como a literatura forma parte da súa vida e como  moldea as palabras para escribir relatos tan fermosos como os que podemos atopar nesta obra. Moitas grazas Andrea polo teu tempo, pola túa enerxía e pola viaxe literaria da que tanto gozamos hoxe!