A partir desta frase inspirada na obra da artista brasileira Rivane Neuenschwander, pedímoslles aos nenos e nenas que trouxesen un lazo cunha frase-desexo para todas aquelas mulleres que sofren maltrato, invitando ás familias a participar. Estes lazos simbolizan a compañía, o apoio e a forza que queremos facerlles chegar a elas e á sociedade. A arte tamén transforma o mundo!