venres, 12 de xaneiro de 2018

CLUBE DE LECTURA: MAREA NEGRA

Empezamos xaneiro e o equipo de biblioteca xa está preparando o segundo clube de lectura do curso. 

Nesta ocasión o libro escollido está publicado pola Editorial Anaya, escrito por Ana Alonso e ilustrado por Jordi Vila Delclòs.



Julieta viaxou dende Arxentina para encontrar as súas raíces nun pobo da costa galega. Pero a única persoa que pode axudala deixou de falar fai moitos anos, a raíz da catástrofe do Prestixe. Trátase de Anxo, o avó de Román. Julieta e Román descubrirán detalles fascinantes acerca dos seus antergos a través dos obxetos que Anxo pon no seu camiño e  tratarán de axudarlle a recuperar a voz. 


DATAS DAS XUNTANZAS: 

22 de Xaneiro.
5 e 26 de Febreiro.
5 de Marzo.

HORARIO DAS XUNTANZAS:

De 16 a 17 horas.

Ningún comentario: