xoves, 5 de outubro de 2017

2 de OUTUBRO: SORPRESA NA BIBLIO!!!

A semana pasada os nenos e nenas de 6º de educación primaria, que este curso son os "Axudantes de Biblioteca" entregaron en tódalas aulas do centro una invitación, que nos emprazaba a ir á biblioteca o luns 2 de outubro.





E cando chegamos alí os axudantes de Honorata, a mascota da nosa biblioteca, estaban preparados para explicarnos o que ía acontecer de seguido.




Coa comunidade dos pequenos e 1º de educación primaria, os axudantes de biblioteca tiñan preparada unha busca do tesouro na que había que atopar a Honorata que estaba agochada na biblioteca. Unha vez que a atoparon os axudantes de Honorata meteron a nosa mascota na máquina transformadora e...



... apareceu Honorata!!! 


Para rematar a actividade Honorata presentou o proxecto deste curso: LÚAS: ciencia comprometida, ciencia transformadora e leu o conto: A que sabe a lúa.




Coas comunidades de medianos e maiores, non fixeron a busca do tesouro, senón que os axudantes de biblioteca presentáronse facendo pareados cos seus nomes e invitaron aos seus compañeiros/as a que tamén se presentasen facendo pareados.



A continuación Honorata presentou o proxecto e propuxo que escribisen a súa historia, posto que Honorata so sabía que vivía na biblioteca e non se lembraba de cómo chegara, como era a súa vida antes,... con todas as historias que se recollan os axudantes de biblioteca serán os encargados de escoller a que consideren que cumpre todos os requisitos para convertirse na historia de Honorata.

Así que agardamos que todos e todas individualmente e/ou en grupos vos animedes a presentar a vosa historia.


E para rematar a actividade Honorata agasallounos coa súa comida favorita, queixo, e tiña preparado un prato con anacos de queixo para cada grupo e tamén nos agasallou cun autocolante do proxecto:


O equipo de biblioteca agradece a felicita a todo o alumnado de 6º pola deseño, organización e celebración desta fermosa actividade na que fixeron partícipes a todos/as os/as nenos/as do cole.

Ningún comentario: