sábado, 13 de maio de 2017

17 de MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS



Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas.
Naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finou o 9 de marzo de 2002 na Ramallosa (Nigrán).
Estudiou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Foi lector en varias universidades europeas. De regreso a Galicia estableceu a súa residencia en Vigo, onde desenvolveu a súa actividade profesional como escritor, editor e catedrático de instituto.
Foi elixido membro da Real Academia Galega en 1977 e presidente do Consello da Cultura Galega en 1996.
Colaborou en numerosas revistas e xornais, entre eles Grial, que dirixiu dende 1989 a 2002, ano do seu pasamento, e La Voz de Galicia. Parte deste traballo periodístico foi publicado en forma de libro: Á marxe. Palabra de escritor (2 de xaneiro - 10 de marzo de 2002) (2003), Á marxe, 1992 (2005), Á marxe, 1993 (2005), Á marxe, 1994 (2006) y Á marxe, 1995 (2006).
Deuse a coñecer en 1967 con “Vento ferido”, unha colección de relatos breves sobre a  violencia e o fatalismo. Entre as súa obras destacan:
  • Cambio en tres (1969).
  • Xoguetes pra un tempo prohibido (1975).
  • Os escuros soños de Clío (1979).
  • Ilustrísima (1980).
  • Os mortos daquel verán (1987).
  • Na marxe de cada día: follas dun diario (1994).
  • Deus sentado nun sillón azul (1996).
  • Un país de palabras (1999)
  • O sol do verán (2002).

Como escritor de literatura infantil publicou:
  • A galiña azul (1968).
  • As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (1973).
  • O can Rin e o lobo Crispín (1983).
  • Lolo anda en bicicleta (1996).
  • O galo de Antioquía (1994).
  • Un polbo xigante (2000)
  • A serie de Toribio: Este é Toribio (1991), Toribio contra o profesor Smith (1991), Toribio e o contador de contos (1991), Toribio ten unha idea (1992) y Toribio revoluciona o tráfico (1994).

Como biógrafo e ensaísta elaborou traballos sobre a vida e obra de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e Curros Enríquez.
Traduciu varias obras ao galego: El principito do francés Antoine de Saint-Exupéry, Los escarabajos vuelan al atardecer da escritora sueca María Gripe e El viejo y el mar do estadounidense Ernest Hemingway.
O humor, a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que afectan ao mundo de hoxe constituíron as marcas máis características do seu estilo narrativo e ensaístico.

Ningún comentario: