venres, 3 de febreiro de 2017

NENÚFARES: VÍDEO PARA REFLEXIONAR SOBRE COMO É A VIDA DUN NENO TRANS.

O vídeo musical da banda HollySiz chamado "The light" narra a dura realidade de moitos nenos e nenas tras que deben enfrontarse á burla dos seus compañeiros/as de escola, á intolerancia de algúns dos seus pais e ao rexeitamento e miradas da sociedade.

O protagonista do vídeo é un neno trans que na súa escola emprega vestidos por isos todos se mofan del. Na casa as cousas non son mellores, o seu pai está en contra e nega a realidade de que o seu fillo sexa transexual.

Despois de tormentosos momentos na vida do neno e do pai chega a luz da esperanza, o seu pai agárdao cun vestido posto e cun vestido na man para el.





Para saber un pouco mais...



A Organización Mundial da Saúde sostén que o xénero é unha construción de identidade e non tanto un asunto xenital. E que a determinación do "sexo" para definir o "xénero" está mal dende o inicio.



Transxénero: é un estado do ser (non unha enfermidade) no que o xénero aparente ou biolóxico determinado no nacemento non é igual ao xénero subxetivo da persoa, esto é, o xénero co cal unha persoa se identifica, o cal pode darse a unha idade temperá e non a unha idade sexualmente activa.

A maioría das persoas transxénero dende pequeños sinten e saben que se atopan en corpos cos que o seu xénero suxetivo non se identifica.


Travesti: é o acto de empregar roupa normalmente asociada co sexo oposto. Os travestis non son sempre transxénero, é dicir, non necesariamente se identifican co xénero diferente ao biolóxico. De feito, empregar este termo para unha persoa transxénero, é considerado ofensivo.



Transformistas: Un transformista é un home que se viste como muller co propósito de entreter aos outros. As mulleres que se visten como homes co propósito de entreter son chamadas "drag kings", contrario ao termo en inglés de "drag queen", que se usa para os homes. Os drag kings e queens non poden ser transxéneros.



Fonte de información: http://www.mendozapost.com/nota/8918-emocionante-un-video-explica-como-es-la-vida-de-un-nino-o-nina-trans/