Este ano incluiuse calquera tipo de agresión onde o xénero estea presente (cara a transexualidade, cara a homosexualidade, contra as mulleres por ser mulleres,...).
O título inclúe a palabra "cremalleira", pois consideramos que é un elemento "silenciador". Pasar a cremalleira, unha expresión habitual nas escolas para intentar respectar a quenda de palabra,..., pode servir para ilustrar o que pode implicar non tratar estes temas na escola.
Este curso o foco de atención estivo nos retratos do silencio adxetivado, silencio no que como cidadáns/ás, no que como familias, escola,... debemos reflexionar xa que o noso silencio tamén pode formar parte dos escenarios da violencia de xénero, debemos reflexionar sobre o noso papel como educadores/as, como posibles axentes silenciadores,...
As propostas para traballar isto na aula foron:
- Cada aula fixo unha ou máis intervencións artísticas onde estea presente unha/s cremalleira/s. (A continuación amosamos algunhas).
- Invitouse a todas as familias a facer obras nas súas casas e traelas. (A continuación amosamos algunhas).
- Visionado de retratos da historia da arte con cremalleiras nas bocas.
-Concerto a cargo de Michelle a irmá de Iron e Yamila. Rompendo cremalleiras: música contra o ruido do silencio.
Parabéns Michelle e moitas grazas pola túa música contra o silencio.
- E como remate de todo o traballo feito nas aulas e como inauguración da exposición "Cremalleiras: Retratos do Silencio", tivemos un concerto a cargo de Fran, o mestre de música, e Sonia, a mestra de primeiro.
Parabéns e moitas grazas a Sonia e Fran por romper cremalleiras coa súa música e contaxinar ao Heroínas de Sálvora da súa paixón.