Dende o "Recanto de Honorata" o equipo de biblioteca quere convidarvos á Xornada de Portas Abertas que terá lugar na biblioteca o vindeiro martes, 15 de novembro de 2016, de 4 a 6 da tarde.
Queremos aproveitar este día para:
- Explicarvos o funcionamento e organización da biblioteca.
- Proxectar a película Tomboy, relacionada co contido do proxecto Nenúfares: Identidade e Diversidade Afectivo-Sexual. É apta para todos os públicos.
Agardamos contar coa vosa presenza.
Un saúdo do equipo de biblioteca.