sábado, 8 de outubro de 2016

ESTAMOS DE VOLTA

Coa chegada do mes de outubro a biblioteca volve a abrir as súas portas para toda a comunidade educativa no seguinte horario:

Para o alumnado:

- Tódolos días durante o tempo de recreo.

- As tardes dos luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas. Lembrade que os máis pequenos debedes vir acompañados dun adulto.



Para as familias:

-As tardes dos luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.


Agardamos as vosas visitas para o empréstito e devolución de fondos, consulta de fondos e na internet,...

Ningún comentario: