sábado, 7 de maio de 2016

15 DÍAS EN LESBOS

Como xa sabedes o proxecto deste curso da biblioteca ten como tema central a emigración, e por iso visitou o centro Rubén, o pai de dous alumnos do centro, para contarnos a súa experiencia como voluntario na illa de Lesbos durante 15 días, durante os cales a súa labor consistiu en axudar aos milleiros de refuxiados que chegan cada día á illa escapando das guerras. 

Pero tamén nos contou a historia de outras persoas que desinteresadamente decidiron ir a Lesbos para botar unha man, este é o caso dunha muller, refuxiada cando era unha nena, que deixou a comodidades da súa casa, meteu unhas poucas cousas no coche, no que fai a súa vida, desprazouse ata alí e cada noite fai unha fogueira na praia para orientar aos barcos que navegan na escuridade. Outra historia é a da gañadora dun concurso musical que adicou os cartos do premio a mercar dous camións-cociña que trasladou a Lesbos onde se dedica a cociñar durante todo o día para que todas as persoas que chegan teñan algo que comer.

E como estas, afortunadamente hay milleiros de historias máis de persoas que están botando unha man a esos milleiros de persoas que escapan dos seus países.

Rubén, moitas grazas por compartir a túa experiencia con nós.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do momento.









Ningún comentario: