mércores, 14 de outubro de 2015

CLUBE DE LECTURA

O vindeiro 26 de outubro, de 16 a 17 horas, terá lugar a primeira xuntanza do clube de lectura deste curso que está dirixido ao alumnado de 6º de educación primaria que.

O libro escollido nesta ocasión é:

"O albúm de Garrincha" da editorial Galaxia escrito por Beatriz Maceda Abelleira.


Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca que chegaría gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A historia de Garrincha é a que ten sempre en mente o protagonista desda novela que, a través do fútbol, vai conseguir entender o mundo, ás veces hostil, que o rodea.

1 comentario:

Beatriz dixo...

Ola a todos e todas. Son Beatriz Maceda a autora do libro "O álbum de Garrincha". Quero agradecervos que escoréllades o meu libro como lectura do voso clube. Espero que vos guste e o disfrutedes.
Unha aperta literaria.
Beatriz.