mércores, 4 de xuño de 2014

RECIBIMOS A VISITA DE SABELA NÚÑEZ SINGALA!!!!

O luns 26 de maio recibimos a visita de Sabela Núñez Singala, autora do libro escollido para o segundo clube de lectura do curso: O agasallo de Anya.
Pero non veu soa, acompañouna a súa boneca Xiana e algunha que outra sorpresa, como foron uns contos escritos en ucraíno, fotos,...
Sabemos polo seu blogue, que lle gustou moito a experiencia e queremos que sepa que as mestras e nenos que participaron no clube tamén lles encantou. 

Sen máis aquí vos deixamos unhas imaxes desta divertida tarde, na que non podía faltar unha pequena merenda.

E por suposto, dende o Recanto de Honorata dámoslle as grazas a Sabela por visitarnos e por asinar no libro de visitas.








Ningún comentario: