domingo, 11 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014



No ano que se conmemora o aniversario do seu nacemento, este ano o día das Letras Galegas está adicado ao poeta Xosé María Díaz Castro

A continuación queremos compartir algúns materiais que atopamos pola rede, que permiten coñecer a súa vida e obra.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon á disposición dos centros escolares unha guía e carteis nos que se fai un percorrido polos momentos máis significativos da bibliografía do autor e das múltiples facetas que desenvolveu ao longa da súa vida.






---------------------------------------------------------------------------------------------

O EDLG do Ceip García Barbón elaborou:

  • Brincaletras, que é un xogo no que cada letra agocha unha pregunta sobre o autor.
  • E unha curta de animación co poeta como protagonista.

---------------------------------------------------------------------------------------------
  • María José Martínez Paz, alumna do IES de Curtis, eslaborou esta presentación Prezzi, na que a través de fotografías, ilustracións e pequenos textos, fixo un percorrido pola bibliografía de Xosé María Díaz Castro.

---------------------------------------------------------------------------------------------
  • "Esa lus", é a canción creada no IES Poeta Díaz Castro para conmemorar o ano do autor. 

  • Atrévete a cantar os poemas de Díaz Castro musicados pola profesora Sandra Tenreiro e interpretados polo alumnado do instituto. Esta iniciativa forma parte de A LUS DO MUNDO, un proxecto educativo para achegar a poesía aos escolares que están desenvolvendo no IES Poeta Díaz Castro. 


---------------------------------------------------------------------------------------------
  • Como todos os anos o Seminario Galán pon á nosa disposición as seguintes actividades en liña.
  • Tamén elaborou actividades impresas que se poden consultar aquí.
---------------------------------------------------------------------------------------------
  • Pasapregunta de Díaz Castro, o EDLG do CEIP A Ponte  de Lugo rétanos a xogar con eles. 

Ningún comentario: