martes, 22 de abril de 2014

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Para celebralo no cole o Equipo de Biblioteca organizou as seguintes actividades:

  • VENRES 25 DE ABRIL: APADRIÑAMENTO/AMADRIÑAMENTO LECTOR.
Un ano máis, dada a boa acollida entre grandes e pequenos, os nenos e nenas máis grandes lerán aos máis pequenos durante o tempo de recreo, o lugar para leer será calquera recuncho do cole.
  • Convidamos ás familias de Educación Infantil a que lle veñan a contar contos aos nenos.
  • O luns 28, martes 29 e mércores 30 de abril, proxectaremos na biblioteca dous contos inventados, ilustrados e narrados polos nenos e nenas de 5 anos. 

Ningún comentario: