mércores, 12 de febreiro de 2014

IMOS POLO BO CAMIÑO?

Ao final do curso pasado pasamos dúas enquisas ao alumnado:

-Unha na que tiñan que valorar o FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA, recursos, hábitos lectores dos alumnos/as... de cara a introducir melloras, cambios,... 
E despois de revisalas todas aquí están os resultados reflexados en diferentes gráficas.


Gústache ir á biblioteca do teu centro from bibliotecadeaguinho

- E coa outra perseguimos analizar a HORA DE LER, e estás son as conclusións que sacamos a partir das respostas dos nenos e nenas:
  • A meirande parte das rapazas e rapaces gústalles a hora de ler e consideran que lles axuda a mellorar o seu nivel de competencia lectora. A unha porcentaxe lixeiramente menor parécelle suficiente o tempo destinado a esta actividade.
  • En xeral consideran que o profesorado respecta o tempo dedicado á lectura.
  • A maioría das rapazas e rapaces enquistados afirmaron elixir libremente o que len durante o tempo de lectura. En canto aos gustos, o cómic e a ficción son os xéneros preferidos. Tamén lles gustan os libros de divulgación, pero en menor medida.
  • Só algunhas das lecturas que ofrece a biblioteca satisfacen os gustos do noso alumnado. Neste sentido, gustaríalles dispor de máis cómics, revistas e novelas de ficción. A poesía e os libros de divulgación semella que non les interesan tanto.
  • A maior parte das/os enquistados varían a forma de ler en cada unha das sesión, pero un terzo delas/es afirman que sempre len do mesmo xeito.
  • As rapazas e rapaces consideran que leron moitos libros, sendo o número superior a 10 ou preto de 10 exemplares.
  • A división dos/as enquistados/as respecto ao grado de concentración durante o tempo de lectura e bastante homoxénea, considerando o ruído ou as lecturas aburridas como os principais responsables da falta de concentración. A este respecto, o alumnado considera moi necesario reducir o nivel de ruído durante o tempo de lectura, e aumentaría  e/ou renovarían os fondos bibliográficos dispoñibles. Ademais incrementarían o tempo que dedicamos a esta actividade.a Ademáis de analizar o funciona

Ningún comentario: