
Aquí vos deixamos algúns recursos que temos na biblioteca e outros atopados pola rede que poden ser de utilidade para traballar, reflexionar,...
- Como temos moi recente o pasamento de Nelson Mandela, este conto pode axudarnos a comprender mellor o APARTHEID.
-Podedes consultar estos libros sobre as vidas de Nelson Mandela e Gandhi na biblioteca.
- Na páxina, el rincón solidario .org, atopamos unha selección de lecturas que axudan a construir a paz.
- A seguinte presentación de power point sobre o día da paz, foi elaborada polo compañeiro Óscar López Bouzón do CEIP de Ponzos. (Preme na imaxe para acceder)
- No expositor de novidades da biblioteca podedes atopar o último cd do grupo Migallas: Pan de Millo, no que podedes gozar coa canción "Campás pola Paz".