luns, 25 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA - DÍA DA AUGA - DÍA DE ROSALÍA

O venres o equipo de biblioteca, coa colaboración de todas as titorías e da mestra de música en especial, organizou diferentes actividades para celebrar conxuntamente:
-O DÍA DA POESÍA
-O DÍA DA AUGA
 -O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

 Estas son as actividades que deseñamos:

 -Cada titoría traballou unha ou varias poesías ás que lle deron forma de auga, e coas que despois fixemos unha exposición na biblioteca e no corredor:


-Proxectouse na biblioteca a película "A AUGA".


- Despois do recreo,  xuntamonos todos no ximnasio, onde todos os nenos e nenas (que viñeron vestidos de rapeiros) interpretaron un rap que prepararon e adaptou a mestra de música, do poema de Rosalía de Castro, Adiós ríos, adiós fontes.


- Algúns nenos e nenas recitaron algúns dos poemas que traballaron.

- E para rematar, fixose a entrega de agasallos a todos os nenos e nenas para agradecerlle a súa participación no bibloxogo: uns posavasos e uns marcapáxinas.

Ningún comentario: