domingo, 15 de abril de 2012

EN ABRIL LIBROS MIL

O mes de abril é o mes dos libros, nel conmemoramos dúas datas importantes para o mundo da lectura: o Día internacional do libro infantil e xuvenil (2 de abril) e o Día mundial do libro (23 de abril).

Para conmemorar estas datas, o equipo de apoio ao PLAMBE, organizou o venres 13 de abril dúas sesións de animación a lectura na biblioteca do cole, co contacontos Inacio Vilariño.

Estas sesións están pensadas para acercar un pouco máis ao noso alumnadoao mundo da literatura, dos contos, da fantasía, da creatividade...

Inacio adícase ás artes escénicas e dirixe a compañía Fantoches Baj coa que ten representado, entre outras, Tío Miseria, unha versión teatral dun conto popular do que tamén publicou a adaptación para os lectores de Infantil Tío Miseria (publicada por Baía no 2008)

A súa admiración pola cultura popular refléxase non só no eido investigador senón tamén no creativo, sobre todo na literatura dramática, pois mereceu o VII Premio Barriga Verde de Textos para teatro de monicreques na modalidade de adultos no ano 2009 coa obra Auga que non vas beber..., e no 2010 o VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil con Fábula galénica (Baía Edicións/Xunta de Galicia, 2011)




Ningún comentario: