xoves, 24 de xuño de 2010

IR Á BIBLIOTECA TEN PREMIO!!!!!!

Remata o curso, a biblioteca pecha as súas portas ata setembro pero non sen antes repartir os agasallos para aqueles nenos e nenas que encheron o carnet do biblioxogo cos seus 9 selos e tamén para os e as que nos visitaron os martes de 17 a 18h. para levar libros en préstamo.

A todos eles e elas NORABOA! esperamos que o vindeiro curso non perdan ese costume e que outros moitos e moitas o imiten.