NO MES DE ABRIL, LIBROS MIL.
Durante este mes o libros están de celebración xa que o 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (que este ano se trasladou ó 12 de abril), e o 23 de abril e o Día do libro e do dereito de autor.
Cartel do Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que edita a IBBY (International Board on Books for young people) e ten como lema:
Un libro espera por ti; búscao!
Este ano Noemí Villamuza e Eliacer Cansino son os autores da ilustración e do texto, respectivamente. Podes ler o tríptico nas catro linguas oficiais. Na páxina da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) atoparás as actividades programadas por este organismo para a celebración do Día Internacional do Libro Infantil, ás que nós nos quixemos unir facendo a lectura do MANIFESTO o día 12, coa colaboración dos nen@s de 6º.
Pero a cousa non queda ahí imos a levar a cabo o 1º APADRIÑAMENTO/AMADRIÑAMENTO LECTOR, que consiste en que os nen@s do segundo e terceiro ciclo de educación primaria van a lerlle un conto, ben en grupo ou individualmente, a un grupo de nen@s de educación infantil e do primeiro ciclo.
O mércores 14, visitará o colexio o CONTACONTOS MARIO TOMÁS, que de seguro nos sorprenderá a tod@s cunha representación de títeres.
E remataremos a semana, coa asistencia o venres 16 a unha actuación-musical do GRUPO MAMÁ CABRA.
Esperamos que desfrutedes con todas estas actividades, e estade atent@s porque estamos organizando algunha cousiña máis.