O vindeiro 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora e a Biblioteca quere colaborar dalgún xeito con esta importante celebración. Somos conscientes de que aínda queda moito por facer, pero tamén de que foi moito o que se acadou ata o momento e non debemos esquecer o traballo de todas aquelas mulleres que o fixeron posible.
Lembramos que na biblioteca tes unha morea de libros escritos e protagonizados por mulleres que seguramente te sorprenderán. Agora só falta que as escoites ...
ONCE DAMAS ATREVIDAS
Olis Helle Thomassen
Kalandraka edicións
Onde as protagonistas son once rapazas que van percorrendo o mundo e a súa vez van desaparecendo.
Non so trata o tema da muller como protagonista, senón tamén puntos xeográficos e numeración.
XELA VOLVEUSE VAMPIRA!!
Fina Casalderrey
Baía Edicións
A protagonista do libro é mestra e é unha muller que sofre malos tratos. Mestura de realidade e inxenuidade, pretende romper coa tendencia dos contos infantís de roles estereotipados. Tenta así imaxinar un mundo de igualdade entre os homes e as mulleres.