mércores, 4 de febreiro de 2009

Día da Candeloria

O 2 de febreiro conmemórase o Día da Candeloria e segundo a crenza popular nese día "casan os paxariños nas árbores", por iso di o refrán " A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa".

Actualmente este é o día escollido para celebrar o Día do Amor en Galicia, por iso os equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca do colexio propoñen a todo o profesorado e alumnado do centro que nesta data lle digan a alguén que o queren agasallándoo cun poema.

1 comentario:

Anónimo dixo...

O AMOR, FOI O TEMA ESCOLLIDO ESTE ANO,NO SALON DO LIBRO INFANTIL DE PONTEVEDRA. TAMEN HOMENAXEARON A FINA CASALDERREI.
HOUBO CONTACONTOS, MOITOS E BONITOS TRABALLOS DOS COLEXIOS.
CONFERENCIAS ETC.
MOI INTERESANTE.