RECURSOS NA REDE

xoves, 16 de xaneiro de 2014

OBRADOIROS DE BANDA DESEÑADA

Durante dous días contamos coa presenza na biblioteca de Santi Lustres, que imparte obradoiros de banda deseñada no verán no concello, e que compartiu os seus coñecementos con todos nós.
Ensinou a grandes e pequenos como debuxar personaxes, facer viñetas, bocadillos, liñas cinéticas,... todas estas explicacións servirannos de inicación para o traballo que imos a desenvolver durante todo o trimestre.
Aquí vois deixamos unhas fotos dos obradoiros nos que todos o pasaron moi ben.